miércoles, 2 de diciembre de 2015

Probas escritas en decembro

Ola a tod@s: 

Nos próximos días teredes as últimas probas escritas deste trimestre.

As datas para realizalas son as seguintes:

Matemáticas: Mércores, 9 de decembro.
Unidade 4: "Múltiplos e divisores"

Lingua Galega: Xoves, 10 de decembro.
Unidades 3 e 4

Ciencias Naturais: Venres, 11 de decembro.
Unidade 2: "Os ecosistemas"

Ciencias Sociais: Luns, 14 de decembro.
Unidade 2: "O clima"

Preparádeos ben. Un último esforzo antes da avaliación e despois...

...a disfrutar das vacacións de Nadal!!!

lunes, 30 de noviembre de 2015

Tema 4 de Matemáticas

Ola de novo!

Neste tema de matemáticas, estamos a traballar os múltiplos e os divisores. Con estas actividades podedes practicar e o tema resultaravos máis doado. Adiante!!!


Múltiplos dun número
(blog de Luisa María Arias)




Múltiplos e divisores




Criterios de divisibilidade
(blog de Luisa María Arias)




Números primos




domingo, 22 de noviembre de 2015

Proba de Lingua Castelá: Unidades 2 e 3.

Nova proba de lingua castelá!!
Será o vindeiro xoves, 26 de novembro.
Corresponde aos temas 2 e 3.

Aquí tedes unhas actividades para repasar o que estades traballando nas linguas (galego e castelán) e que vos poden axudar a preparar estes temas.


Separación de sílabas
(blog de Luisa María Arias)




Acentuación




Acentuación de ditongos e hiatos
(blog de Luisa María Arias)




O substantivo




O adxectivo
(blog de Luisa María Arias)








sábado, 21 de noviembre de 2015

Campaña de recollida de móbiles

Despois da actividade realizada polo CEIDA nos grupos de 5º na que nos propuxeron colaborar na recollida de móbiles para reducir a explotación de coltan, este é o enlace que nos facilitaron e no que podedes informarvos sobre este tema.


Tema 2 de Ciencias Naturais: Os ecosistemas

Os ecosistemas

Ola a tod@s:

Aquí tedes algunhas actividades sobre os ecosistemas, facédeas e axudaranvos a repasar o tema.



Os ecosistemas (librosvivos.net)




Relacións entre os seres vivos




A cadea alimentaria (librosvivos.net)




Test ecosistemas






sábado, 14 de noviembre de 2015

Tema 2 de Ciencias Sociais: O clima

Ola a tod@s:
Comezamos o Tema 2 de Ciencias Sociais, no que imos estudar "O clima".

Estas son algunhas actividades para que poidades repasar o estudado e vos axuden na preparación do tema.


O clima I





O clima II






Clima e paisaxe






O quecemento global





Climogramas



















Proba escrita de matemáticas

Nova proba de matemáticas. Esta vez corresponde  á unidade 3 "A división".

A data será a próxima semana, o xoves, 19 de novembro.

Practicade a división por dúas e tres cifras e veredes que fácil.



jueves, 5 de noviembre de 2015

Probas escritas de C. Sociais e de C. Naturais

Ola a tod@s: 

A vindeira semana teredes as primeiras probas escritas de Ciencias Sociais e de Ciencias Naturais, correspondentes á unidade 1 de cada materia.

As datas para realizalas son as seguintes:

Ciencias Sociais: Luns, 9 de novembro.
Unidade 1: "Do Universo á Terra"

Ciencias Naturais: Mércores, 11 de novembro.
Unidade 1: "As plantas"

Repasade todo o que vos indiquei na clase e veredes como os resultados son bos. 

Ánimo!!

viernes, 30 de octubre de 2015

Bases da convocatoria do II Premio Literario Descubrindo Oleiros

Aquí tedes un enlace para acceder ás bases do "II Premio Literario Descubrindo Oleiros", convocado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Lembrade que podedes crear un documento para o voso relato no DRIVE da vosa conta de correo do colexio.

Animádevos a participar!!




Tema 3 de Matemáticas: A división de números naturais.

Ola de novo:
Estes enlaces que tedes a continuación seranvos de axuda para preparar o tema 3 de matemáticas. Practicade e a división non se vos resistirá.





Termos da división



División por dúas cifras



División por tres cifras



Operacións combinadas



Máis divisións









domingo, 25 de octubre de 2015

Probas de lingua galega, matemáticas e lingua inglesa

Aquí tedes o calendario das probas escritas que ides realizar nos próximos días. Ánimo!!!

Lingua Galega (Temas 1 e 2): Mércores, 28 de outubro.

Matemáticas (Tema 2): Xoves, 29 de outubro.

English language (Unit 1): Thursday, November 5th.

Temas 1 e 2 das linguas

Ola, chic@s:
Con estes enlaces que veñen a continuación podedes practicar algúns dos contidos dos temas 1 e 2 de lingua castelá e de lingua galega. Probádeos!!!


Sílabas tónicas e átonas (lingua castelá)


http://www.elabueloeduca.com/aprender/lengua/ortografia/reglasdelar.html

Ortografía do r (lingua castelá)



Sinónimos e antónimos (lingua castelá)



Acentuación (lingua galega)




O substantivo (lingua galega)













domingo, 18 de octubre de 2015

Tema 1 de Ciencias Naturais: As plantas

Ola a tod@s. Aquí tedes uns enlaces que vos poden axudar a preparar o tema das plantas.



A nutrición das plantas




A fotosíntese




A reprodución sexual das plantas




A reprodución asexual das plantas



E agora un enlace para que poidas facer unha visita virtual ao Real Xardín Botánico de Madrid. Disfruta da visita!!






lunes, 12 de octubre de 2015

Tema 1 de Ciencias Sociais: Do universo á Terra.

Ola de novo:
As actividades que se vos propoñen son para que coñezades un pouco máis sobre o universo e para que apliquedes os coñecementos que xa tedes sobre o tema. Ánimo e a practicar!!!


Astronomía para nenos
(materiais do Ministerio de Educación)



O sistema solar
(materiais da Junta de Andalucía)



Pregúntalle a un astrónomo



Xogo de planetas volantes



Pasapalabra de astronomía






Tema 2 de matemáticas: Multiplicación de números naturais.

Ola a tod@s:
Comezamos a introducir no blog algunhas actividades interactivas para que poidades repasar o que traballamos na aula. 
Neste tema 2 de matemáticas traballaremos a multiplicación así como as operacións combinadas.
Practicade e veredes como vos serve de axuda.



Táboas de multiplicar




A multiplicación I




A mutiplicación II




Propiedades da multiplicación




Operacións combinadas



domingo, 27 de septiembre de 2015

Eclipse de lúa na madrugada do 28 de setembro

Na madrugada do 28 de setembro producirase un eclipse de Lúa total. 
A Lúa pasará por detrás da sombra da Terra, oscurecéndose. A atmosfera terrestre só reflicte a luz vermella, dispersando a luz azul e verde. Durante o eclipse o satélite en lugar de recibir a luz solar, obterá o brillo vermello que lle proporciona a nosa atmosfera. Este fenómeno coñécese como Lúa de sangue ou Lúa vermella.