QUE NOS GUSTA LER?


David
A min, David, gustoume "O conto de Ratapón". Escribiuno Sara Cone Bryant. Por que me gustou?
. Porque Mariquiña Cola-curta rabuña á serpe para que solte a Ratapón.
. Porque Cola-curta salva ao seu fillo.
. Porque Mariquiña leva ao seu fillo, moi lonxe, ata un lugar onde a serpe non os encontre. Alí a mamá coella fixo outra cova.




Daniela
Ola, son Daniela. Gustoume "Os pequechos das sabanas". Escribiuno Xulia Gutiérrez e publicouno a editorial Kalandraka. Vouvos explicar por que:
. Porque as fotografías son reais.
. Porque fan preguntas moi interesantes dos animais.
. Porque explican ben as características dos animais.




Celtia
A min, Celtia, gustoume "Mi primera vuelta al mundo" de Sophie Amen. Publicouno a editorial SM. Por que me gustou?
. Porque neste libro descubrín como é o planeta onde vivo. Aprendín que hai moitos países con xente, culturas, monumentos, vexetación e fauna distintas.
. Pero o que máis me gustou foi viaxar. Estiven ao lado do animal máis alto do mundo, "a xirafa", logo vin a "Estatua da Libertade" que me ensinou Nova York, bailei cos indios, perseguiume o tigre de Bengala, aparecín na "Torre Eiffel". Estaba esgotada! e decidín darme un chapuzón. Foi toda unha aventura!


Ola, somos Roi e Luciana. Gustounos "Tragasueños" de Michel Ende, publicado pola editorial Juventud . Ímosvos dicir por que  o eliximos.
. Polas bonitas ilustracións que ten, parece que ti es o protagonista e que che ocorren as mesmas aventuras.

Roi

. Pola letra pequena, redonda e preciosa . Ademais ten moito que ler e a letra destaca sobre o fondo.

Luciana
. Polo final feliz que ten. Todos os personaxes dormen en paz e harmonía, e a nós gústannos que os contos rematen felizmente.
. Porque existira un personaxe que tragara aos malos soños e así os nenos poden durmir ben.
. Outra razón é porque nos gustaron as ilustracións.
. Por último, gustounos que no conto houbese unha solución.


Paula
Son Paula. Gustoume " O conto de Pablo Diablo". Publicouno a editorial SM, colección El Barco de Vapor. Por que me gustou?
. Porque é de gracia e de aventuras .
. Porque Pablo Diablo non paraba de facerlle bromas ao seu irmán pequeno, Roberto .
. Porque Pablo Diablo se mete en líos graciosos.


Andrés

Eu, Andrés, recoméndovos "El príncipe de los enredos" de Roberto Aliaga, da editorial Edelvives. Recoméndovolo porque...
. Foi un conto moi fácil de ler e entendín todas as palabras e o seu significado.
. As ilustracións son preciosas. A árbore parece que ten vida e o paxaro parece un corvo de verdade.
. Ensinoume que non podemos confiar na xente que di cousas malas dos nosos amigos porque ao final perdes aos teus amigos.



Candela
Ola! Somos Candela, Álvaro e Sara. A nós gústounos ¿Hay algo más grande que una ballena azul? de Robert E. Wells. Publicouno a editorial Juventud.
Recomendámosvolo porque :
. Se compararamos cen baleas azuis co Monte Everest poderiamos meter máis de cen baleas azuis dentro del.
. Se compararamos cen soles coa estrela Antares poderiamos meter máis de cen estrelas Antares dentro dela.

Álvaro
. Se compararamos cen estrelas Antares co Universso poderiamos meter máis de cen estrelas Antares dentro del.
. Gustounos moito a historia e como comparaban as cousas cunha balea azul.

Sara
. Por que aprendimos nomes novos de vocabulario e moitas curiosidades.
. É moi fácil de comprender: a letra é grande, lexible e ten debuxos que axudan a comprendelo mellor.
. Porque fala das cousas e animais máis grandes do espazo.
. Porque ten debuxos extraordinarios como o da portada que é unha balea azul cando é de noite.
. Porque ensina que pode haber cousas máis grandes ca unha balea azul coma as montañas, o sol e a Terra.


Sabela
Ola! Son Sabela. Encantoume "Los despistes de Spider" de Alan Durán, publicado pola editorial Alfaguara. Encantoume porque:
. Spider era un neno moi gracioso e moi despistado.
. Aínda que as cousas que lle pasan a Spider sempre empezan mal, ao final sempre rematan ben.
. Por último, gustoume moito porque os nomes das persoas eran moi raros.




Pablo
A min, Pablo M, gustoume "As fabas máxicas". Vouvos explicar por que.
. Porque trata dun neno pobre chamado Xian. Só se podía alimentar de leite da súa vaca. Un día cambiou a vaca por unhas fabas máxicas que lle ofreceu un ancián. A súa nai castigouno no seu cuarto e tirou as fabas pola ventá. Á mañá seguinte había unha planta moi alta e alí enriba vivía un xigante. Xian rouboulle moedas de ouro, unha arpa e unha galiña que poñía os ovos de ouro. Xian deixou de ser pobre.


Pilar
Ola! Son Pilar. Gustoume "El ladrón de Jano" de Irina Korschunow. Publicouno a editorial SM. Por que me gustou?
. Gustoume cando o dragón aprendeu a ler, porque me pareceu interesante e sorprendente que un dragón aprenda a ler.
. Tamén me gustou cando Jano lle ensinou a escribir. O dragón escribe mellor que Jano e non se equivoca tanto coma el.

. Finalmente, gustoume cando se fixeron moi amigos porque ao principio Jano non tiña amigos ata que chegou o dragón.





Tomás

A min,Tomás, gustoume "Días de clase", de Daniel Nesquens. Publicouno a editorial Anaya. Por que?
. Porque os personaxes contan historias graciosas dos seus avós e  de persoas imaxinarias ás que lles pasan cousas moi estrañas e divertidas.
. Porque contén ilustracións moi bonitas polas que o ilustrador, Emilio Urberuaga, gañou varios premios.
. Porque ao final ten chistes e adiviñas para contar a outras persoas que non leran o libro.




Juan
Son Juan. A min gustoume moito "La bicicleta es mía", de Carlos Peramo. Publicouno a editorial Alfaguara. Gustoume porque:
. O protagonista, Daniel, nunca minte, saca boas notas e xamais se enfada.
. Daniel desexaba moito unha bicicleta, e encontrouna de sorpresa no salón da súa casa.
. Daniel poñíalle o seu nome ás cousas para non perdelas.




Diego

Ola, son Diego V. Encantoume "Malú e o marciano do ordenador", de Blanca Álvarez, publicado pola editorial Alfaguara. Por que me encantou?
. Porque os personaxes parecían reais.
. Pola relación que tiña Malú coa súa avoa Balbina.
. Porque a avoa Balbina conta fermosas historias de cando era rapaza.




Emma

A min, Emma, gustoume "Un león en la biblioteca" , escrito por Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes. Publicouno a editorial Ekaré. Vouvos explicar por que ?
. Porque as ilustracións son moi bonitas.
. Porque ten un final feliz.
. Porque é unha boa idea ter un león na biblioteca. Atrae á xente!

Eu son Miguel. Gustoume moito "Pequeños arquitectos", de John Woodward e publicouno a editorial SM.
Recoméndovolo porque...

Miguel
. Este conto ten unhas ilustracións impresionantes. Son en tres dimensións.
. A expresión escrita é moi completa xa que fala de cousas moi importantes.


Diego
A min, Diego F, gustoume "El bastón azul ", de  Iwona Chmielewka. Publicouno a editorial Océano Travesía.
Gustoume ...
. Cando Clara fixo os nove anos.
. Cando lle regalaron un bastón de cor azul decorado.
. E que o bastón fose pasando por toda a familia e ao final servira para inventar esta historia.


Pablo
Eu son Pablo A. Gustoume moito "Piratas en clase", de Cornelia Franz. Publicouno a editorial Edelvives.
Por que me gustou?
. Porque é de aventuras.
. Porque trata de piratas, e a min encántanme os libros de piratas.
. Porque os personaxes son alegres, e a min gústame a xente que é alegre.




Alejandro
Ola, son Alejandro. Gustoume "Nacer", de Xulio Gutiérrez. Vouvos explicar por que.
. Porque contén unhas ilustracións moi bonitas.
. Porque explica como nacen os animais da barriga da súa nai.
. Porque ten unha lectura fácil de comprender.


Antía
A min, Antía, gustoume "Rato solteiro", de Paco Liván e publicado pola editorial Kalandraka.
Recoméndovolo porque.
. É moi divertido, sobre todo cando as fillas da raíña estaban nunha sala e o mozo tiña que elixir a cal coñecera. Eran todas iguais!
. Contén unhas ilustracións moi ben feitas, cheas de cores moi bonitas.
. Ten a letra grande, isto fixo que me levara pouco tempo lelo, aínda que era moi longo.